A edil contou que “xa están publicadas as bases dos premios Youtubeiros 2020, que teñen como finalidade animar á creación de vídeos en galego e así aumentar a presenza da nosa cultura nas redes. Esta convocatoria está aberta a todas as persoas maiores de 14 anos. Pódese participar cun so vídeo, con varios vídeos ou incluso cunha canle de calquera temática ou formato sempre que se promova unha mensaxe adecuada. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde”.

Otero Cabarcos engadiu: “como dixemos cada participante pode inscribir tantos vídeos ou canles coma desexe e hai un total de 12 premios: 3 principais, valorados en 1000 euros cada un; e 9 premios de 500 euros cada un. Animamos a toda a poboación ribadense a participar nesta iniciativa que apoiamos desde a Área de Cultura. Consultade as bases no Facebook de Cultura e animádevos!”.