O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anuncia que “a apertura deste mercado será o venres ás 17 horas e esa mesma tarde ás 18.30 organízase unha chocolatada para todo o público asistente na Oficina Vella de Turismo. As tardes do sábado e do luns están pensadas para xs máis pequenxs da casa, que terán o seu espazo especial no propio mercado, con obradoiros de 17 a 19 horas, tamén na Oficina de Turismo Vella. E, como xa vén sendo habitual, a música vai ter un especial protagonismo nas tardes do Mercado de Nadal, con actuacións de bandas como Body&Soul, The Goodmen, La Bandina del Fuelle ou o espectáculo de rúa a cargo do Xouman O Pulpiño Viascon. E o domingo ao mediodía disfrutaremos de  Malajunta Tango Dúo, co seu espectáculo Apiazzolados. Todas estas actuacións serán no quiosco da música, no parque, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. E incluído neste programa musical contaremos tamén na tarde do sábado, dentro do programa do VII Festival de Jazz & Blues, coa actuación do grupo Marlango no auditorio municipal”.

“Teremos deste xeito unha fin de semana e unha ponte festiva cargada de actividades para todos os públicos, co que agardamos e animamos a que veña moita xente visitar o Mercado do Nadal, tanto veciños de Ribadeo como de localidades próximas e amigas”, rematou Pablo Vizoso.