Xuntos polo Nadal

Cartel de Xuntos polo nadal

A administración galega ofrece aloxamento en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús e actividades de animación sociocultural do 24 de decembro ao 7 de xaneiro.

Todas as persoas que queiran participar e cumpran cos requisitos poden achegarse pola Concellería de Benestar Social, situada no auditorio municipal, e tramitar alí a súa solicitude.

O prazo de presentación remata o 8 de decembro.