O rexedor dixo que “este encontro co presidente da Deputación de Lugo foi tamén cordial e positivo. E dalgunha maneira ven tamén reiterar o compromiso firme por parte dos dous grupos que están na Deputación de que esta institución non se quede atrás no apoio á creación dunha residencia de maiores en Ribadeo”.

Suárez Barcia subliñou que “todos os membros da comisión, eu como alcalde, os portavoces de todos os grupos e os representantes desta plataforma de asociacións, quedamos satisfeitos do compromiso da Deputación neste sentido. Aínda que somos conscientes, e eu quero ser realista, que non por moita implicación dunha parte senón temos o compromiso do resto de partes, incluido o Concello e incluida a Xunta, esto non será posible”.

O alcalde ribadense engadiu que “todos sabemos que as competencias fundamentais en materia de benestar social recaen no goberno autonómico galego, pero é importante que outras institucións como pode ser a Deputación sexa unha parte fundamental neste proxecto. Todos os grupos neste caso concreto, independentemente de que mañá poidamos discrepar por calquera outro asunto, estamos unidos e ogallá sigamos así para conseguir o obxectivo final de ter unha residencia de maiores en Ribadeo”.

Este encontro da comisión pro residencia desenvolvéuse no Concello de Ribadeo esta tarde.