A comisión pro residencia mantivo esta tarde no Concello un encontro con Veiga. O rexedor explicou que “seguindo con esta rolda de contactos que empezamos hai uns días coa representante da Xunta en Lugo no día de hoxe mantivemos unha xuntanza co vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga. Temos que destacar o seu compromiso que demostrou con esta comisión e co fin noble que perseguimos. Debo dicir que se prestou a colaborar e seguimos a ter unha sintonía absoluta por parte de todos os membros desta comisión”.

Suárez Barcia sinalou que “nas súas áreas a Deputación sempre terá o compromiso de man tendida para con Ribadeo e para sumar esforzos con outras administracións, singularmente coa Xunta por ser ésta a que ten as competencias fundamentais para iso. Él comprometeu a súa palabra para que a Deputación non se quede atrás neste proxecto e que tenda a man para colaborar”.

E engadiu que “agora esta comisión seguirá a traballar activamente para chegar á consecución final, máis cedo que tarde, desta residencia de maiores de Ribadeo”.  Da comisión pro residencia forman parte o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Servizos Sociais, Teresa González; e representantes do PP, PSOE, UPRI e da plataforma de asociacións veciñais de Ribadeo.