Silvent contou que “nos achegamos a visitar o Club de Petanca de Ribadeo, para coñecer máis de preto a actividade que desenvolven desde hai tempo na nosa vila. Quixemos escoitar a súas inquedanzas e as súas experiencias”. 

O edil de Deportes dixo: “desde a Concellería de Deportes estamos dispostos a colaborar co Club de Petanca de Ribadeo en todo o que poidamos, ao igual que o facemos con outras entidades e clubs similares”. 

Para o concelleiro ribadense “reunirse para a práctica dun deporte ou xogo tradicional sempre é bo polo que implica para a socialización e as relacións entre as persoas e sobre todo pola recuperación e o mantemento das nosas tradicións”. 

A petanca e a billarda estiveron presentes un ano máis no Ribadeo Indiano e o Concello aproveitou a ocasión para facerlles entrega duns agasallos a ambos clubs.