Concello de Ribadeo

Xunta de Portavoces

A Xunta de Portavoces, órgano deliberante e consultivo do Concello de Ribadeo, está presidida polo alcalde e integrada polos portavoces dos partidos políticos integrados nos grupos municipais que teñen representación no pleno municipal: BNG, PP e PsdeG-PSOE.

O seu regulamento interno indica que:

Cando o alcalde asuma o carácter de portavoz do seu grupo no pleno non existirá nesta Xunta outra persoa representante da mesma formación política.

A Xunta de Portavoces quedará constituída, por resolución do alcalde, tan pronto como se teña formalizada a designación dos/as seus/súas integrantes.

As posibles modificacións da súa composición terán que axustarse ao mesmo trámite cá súa constitución.

Entre as súas funcións máis importantes sinálanse as seguintes:

Correspóndelle á Xunta de Portavoces, con carácter xeral examinar a orde do día ou asuntos específicos do mesmo, das sesións ordinarias ou extraordinarias do pleno municipal cando non fora posible a convocatoria ou celebración da comisión informativa correspondente ou a natureza do asunto o requira e, en particular, de ser o caso, as seguintes cuestións:

Determinar os asuntos incluídos na orde do día sobre os que se vai a establecer debate.

Establecer a orde de intervención dos grupos.

Fixar os tempos no debate.

A recepción da dación de conta pola alcaldía das contratacións laborais efectuadas por razóns de urxencia e interese público sen seguir o procedemento xeral establecido, conforme ao disposto nas bases reguladoras

A Xunta de Portavoces pronunciarase, con carácter xeral, naqueles casos nos que por razóns de axilidade no funcionamento administrativo se considere convinte, e cando exista a urxencia para a adopción de acordos de interese que non permitan a convocatoria das Comisións Informativas correspondentes

Poderá ser tratada pola Xunta de Portavoces, ademais, calquera outra cuestión relacionada co funcionamento das sesións do pleno municipal, ou que este órgano lle encomende.

A Xunta de Portavoces poderá ser convocada tanto a iniciativa da alcaldía como a proposta de cando menos dous membros da Xunta de Portavoces da Corporación.

De cada reunión desta Xunta a Secretaría Xeral da Corporación deberá levantar acta conforme ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

Composición

Daniel Vega Pérez: Presidente
Portavoz do BNG: Pablo Vizoso Galdo
Marta García Rey: Portavoz do PSdeG-PSOE