Concello de Ribadeo
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local está formada polo conxunto dos/as concelleiros/as designados polo alcalde, presididos por este e asistidos pola Secretaría Xeral da Corporación. O pleno do Concello acordou delegar neste órgano as seguintes atribucións:
- Outorgamento de licencias urbanísticas para os actos de edificación, uso do solo ou subsolo segundo a numeración recollida no artigo 194 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Proteccion do Medio Rural de Galicia, artigo 10 do Regulamento de Disciplina Urbanística aprobado por Decreto 28/1999, de 21 de xaneiro, para o desenvolvemento da Lei do solo de Galicia e disposicións concordantes do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo; así como o outorgamento das licenzas de actividades sometidas a avaliación ambiental, agás que por razóns de urxencia e interese público se avoque a competencia delegada cando non sexa posible a realización de Xunta de Goberno Local e co fin de cumprir co disposto no artigo 196. 2 da citada Lei 9/2002.
- Liquidacións tributarias derivadas do outorgamento das anteriores licenzas urbanísticas.
- Exencións e bonificacións en expedientes tributarios e de prezos públicos.
Así mesmo o pleno acordou delegar tamén na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias do pleno:
- Aprobación/informe/renovación do padrón municipal de habitantes
- Emisión do informe municipal, de ser preceptivo, para actuacións urbanísticas en Solo rústico (Lei 9/2002, de 30 de decembro).
- Declaración de ruína non inminente segundo o artigo 201 da Lei do Solo de Galicia.
- Adquisicións de bens derivados de cesións urbanísticas cando o seu valor exceda dos atribuídos como competencia da alcaldía.
- Resolución de expedientes vinculados coas licenzas municipais de auto-taxis: creación e amortización de prazas, concesión e revocación de licenzas, autorización, cambio de vehículos, autorización de prestación de servizo mediante asalariados, incoacións e resolución de expedientes sancionadores e todos aqueles derivados da Ordenanza Municipal do Servizo e do Regulamento Nacional de Transportes en Automóbiles Lixeiros.
- Asuntos derivados da Praza Municipal de Abastos conforme á súa ordenanza reguladora.
Composición
A Xunta de Goberno Local, baixo a presidencia do alcalde, Daniel Vega Perez, está composta por concelleiros/as dos grupos políticos con maior representación nas eleccións:
- Montserrat Seijo Diaz (PP)
- Begoña Sanjurjo Santar (PP)
- Marta Maria Saiz Garcia (PP)
- Diego dos Santos Rodriguez (PP)
Réxime de sesións
Este órgano celebra as súas sesións ordinarias o primeiro e terceiro martes de cada mes.
No caso de que estas datas coincidan cun día festivo, ou se non se puidese levar a cabo a sesión por unha causa xustificada, esta convocaríase para o seguinte día hábil.
O horario das sesións, para todo o ano, quedou fixado para as 20:00 horas.