O rexedor quere acudir a ese futuro encontro acompañado dos voceiros dos grupos políticos que teñen representación no Concello ribadense. Hai uns días o conselleiro aseguraba que a creación dun xulgado de primeira instancia en Ribadeo é un asunto complexo e que todo está pendente da reforma xudicial que realizará o novo goberno do Estado.

Hai preto de 45 anos que Ribadeo perdeu o seu xulgado de primeira instancia e nos últimos tempos foron moitas as xuntanzas e as xestións que se realizaron para tentar recuperalo.