A edil de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, asegura que “se trata dunha cita na que se abordarán aspectos da violencia de xénero a nivel xurídico, sanitario, xudicial e educativo. O prazo de matrícula ainda está aberto ata mañá pola mañá e ademáis todas aquelas persoas que queiran asistir de maneira aberta e libre, poden facerse co programa e acudir a aquelas charlas que lles poidan aportar algo para a súa formación profesional, persoal ou simplemente con carácter informativo”.

Nas ponencias abordaránse cuestións coma as pautas de prevención da violencia de xénero; as boas prácticas e experiencias no ámbito local, na que se presentará un video didáctico para previr a violencia de xénero que foi elaborado polo Concello de Teo; tamén se presentará o protocolo interno elaborado polo centro de saúde de Ribadeo e o blog do IES Juan José Calvo Miguel de Sotondrio en Asturias; ademáis o equipo de vixianza e apoio policial do Concello de Vigo falará da súa experiencia.