Os encargados de impartir a charla, na que se falou da avespa velutina, do trampeo de primavera, da confección de trampas caseiras e de atraíntes, foron Antonio Valea e Marcos Villamil, secretario e presidente respectivamente de Os Abelleiros.

A xornada enmárcase na campaña que leva a cabo o Concello coa colaboración de Os Abelleiros para loitar contra a avespa velutina e que contempla a colocación de 20 trampas en espazos públicos do casco urbano.

Na Casa do Mar estiveron esta tarde os concelleiros de Medio Ambiente, Medio Rural e Obras, Jorge Díaz, Jesús Mundiña e Mónica Freire.