Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Práctica instrumental: nenos e nenas nadas a partires do 2015; adultos inclusive.

-Pre-Danza: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Danza clásica ou contemporánea: nenos e nenas nadas a partires do 2015.

As persoas asistentes poderán aproveitar esta oportunidade para probar e facelo de balde durante esa xornada.

As inscricións para asistir a esta cita poden realizarse no enderezo electrónico da Escola de Música ata o 27 de xuño, indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e especialidades que quere coñecer.