En total participan 35 equipos na categoría alevín e 2 na de miniprebenxamín. Chegan a Ribadeo procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e Euskadi.

O torneo foi presentado hai uns días no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD.