O edil ribadense dixo que “gozamos dunha tarde radiante para a celebración desta cita deportiva. O mellor resultado foi a fabulosa integración dos conxuntos e de todos os seus compoñentes.Desde a Concellaría de Deportes facemos un balance positivo desde tipo de actividades que reforzan os valores humanos na sociedade a través do deporte e mais cando se trata no eido das modalidades minoritarias como é o caso do rugby”.

Díaz Freije tivo palabras de agradecemento para o Club de Rugby BeOne, de Ribadeo, “polo seu empeño e ás distintas administracións que colaboraron para facilitar este evento no que o Concello puxo medios e instalacións á súa disposición”.