“Mariñarte 2009” recibiu máis de 600 visitas durante esta Semana Santa, segundo os datos que acaba de facilitar a Concellaría de Cultura. A mostra, organizada por este departamento, chegou á súa terceira edición baixo o título de “Abrindo sucos no contemporáneo” e reúne a obra de 11 artistas mozos da comarca nas disciplinas de pintura, escultura, fotografía e como novidade conta tamén con tres videocreacións e unha performance. Estudiantes de Belas Artes, deseñadores gráficos, estudiantes de audivisual… son os perfís dos artistas que participan nun proxecto que se completará, como cada ano, coas visitas escolares guiadas que terán lugar ao longo desta semana.
“Mariñarte 2009” estará aberta nas salas do forte San Damián ata o vindeiro 26 de abril.