A concelleira da Muller, Mariluz Álvarez, resaltaba na xornada inaugural os importantes avances anto no ámbito social como no  lexislativo  coa aprobación de lei orgánica de protección integral,  da lei galega  para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e doutras mais xenéricas como a lei  orgánica de igualdade entre mulleres e homes. Mais tamén salientou cómo de forma parella están a xurdir  novos atrancos mais sutís para impedir o avance da igualdade. E xurden mais impedimentos, por mor da complexa situación económica, na que unha vez mais, as maiores perxudicadas en todos os aspectos (laboral, económico, persoal…) son as mulleres. Alvarez Lastra tamén subliñou  os recortes que se están a producir nos orzamentos destinados ás accións para a igualdade, protección e promoción das mulleres, que foi dun 78 por cento desde o 2009, e os que afectan aos programas de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero tiveron unha caída do 17,8% respecto ao ano 2010. Algúnhas destas trabas  foron obxeto de tratamento nas mesmas xornadas como o chamado síndrome de alienación parental, nas que a avogada Maria Martin falou da súa falta de rigurosidade e do estudo que fixeron desde a Asociación que preside, Abogadas para la Igualdad,  que reflicte cómo se está a utilizar desde os xulgados e cómo só ten consecuencias negativas cando se aplica ás mulleres.

Tamén houbo experiencias prácticas como foi a charla impartida por Yoanna  Benavente, coordenadora da Rede de Casas de Acollida de Asturias, que falou da intervención directa coas vítimas de violencia de xénero de cara ao seu proceso de recuperación da autonomia e da autoestima. A educadora Marian Moreno  reflexionou sobre un proxecto práctico que puxo en marcha no seu centro, o reto quincenal, por medio do cal obtivo un resultado satisfactorio por parte do alumnado. Pódense coñecer e ler interesantes artigos dela no seu blogue: http://blog.educastur.es/marianmoreno/

E aparte de cuestións prácticas nas xornadas celebradas en Ribadeo tamén se coñeceros os resultados de diferentes estudos que se desenvolveron no ámbito educativo. Jorge G. Marin falou das diferencias de xénero que existen na utilización dos videoxogos (no tempo empregado e nos contidos dos xogos usados por mozas e mozos). Carolina Garcia, coautora do libro do Observatorio da Mariña pola Igualdade, resaltou que unha das conclusións do estudo desenvolto é a clara contradición entre a teoría e a práctica na inclusión da igualdade e a coeducación nas aulas. E Emma Lobato, mestra de educación infantil, disertou sobre a construcción da identidade de xénero en contextos e prácticas lúdicas infantis.

Nas xornadas de Ribadeo tamén tamén participou o equipo da área Sanitaria 6 do SESPAS, con Dolores, Mª Antonia e Cruz, que falaron da violencia non detectada no ámbito sanitário e da medicalización das mulleres,como unha forma  velada de maltrato ou discriminación cara ás mulleres. E tamén acudiu a esta cita a xornalista Sonia Herrera,  investigadora social  e integrante  do  Observatorio dos Media e as agresións contra as mulleres en contextos de alta violencia. Grazas a ela os/as asistentes puideron coñecer outras violencias, que se dan noutras partes do mundo, de diferentes formas, pero sempre co cómun denominador: a violencia de xénero se exerce contra ás mulleres polo feito de ser mulleres, en calquera parte do mundo.