Martínez fixo unha valoración moi positiva da participación nos primeiros días do Ribadeo de tapeo, “xa que segundo nos comentan os establecementos participantes xa van consumidas, desde o venres e ata o domingo, arredor dunhas 10.000 tapas, un número máis que considerable”.

A edil de Desenvolvemento Local e Turismo tamén se referiu aos Soños gastronómicos, “este produto que puxemos en marcha neste 2012 como novidade e no que os hoteis que se integran no tapeo agasallan con descontos do 15% e unha sorpresa gastronómica aos seus aloxados. Estes soños xa nos trouxeron esta fin de semana xente a  Ribadeo procedente de Galicia, Asturias, País Vasco e Madrid. Estas persoas achegáronse á nova vila a participar no tapeo exprés que lles propuxemos e a disfrutar do noso concello”.

Ana Martínez reiterou a invitación a visitar Ribadeo “a todas esas persoas que aínda non se achegaron a degustar as tapas para que veñan a facelo e a disfrutar de todas as actividades que se levan adiante estes días en Ribadeo. Queremos que veñan vivir con nós este Ribadeo de tapeo, no que se entremezclan gastronomía, arte, cultura…”.