O edil nacionalista manifestou que “desde a Concellería de Deportes do Concello de Ribadeo queremos facer unha valoración moi positiva da celebración desta I Heroican Race. Foi un éxito rotundo tanto de participación como tamén de público, que xuntou  arredor dunhas 3.000 persoas entre participantes e acompañantes”.

O responsable de Deportes no Concello ribadense agradeceu “a Serviocio/BeOne que escollese Ribadeo como sede desta proba e a boa organización e traballo durante toda xornada do sábado”. E aproveitou “para pedir desculpas a todas as persoas e negocios que se puidesen ver afectados polos cortes das rúas”.

David Rivas asegurou: “entendemos que a repercusión que tivo e está a ter a proba é moi positiva para a vila e de cara a unha nova edición faremos o posible para arranxar os erros que se puidesen cometer neste primeiro ano”.