A concelleira nacionalista dixo que “a campaña da renda do 2011, promovida polo noso Concello en colaboración coa Delegación de Lugo da Axencia Tributaria, finalizou o mércores  pasado cuns resultados excelentes. Durante os meses de maio e xuño, un total de 357 persoas achegáronse ao Concello para beneficiarse deste programa de aproximación dos servicios administrativos ao cidadá. Desa cifra un total de 251 correspondían ao programa Padre e 156 foron borradores, dos que foron modificados 121”.

Ana Martínez lembrou que “os interesados foron atendidos directamente por un técnico da Delegación de Facenda de Lugo en horarios de mañá e tarde, de tal xeito que se poidese compatibilizar cos diferentes horarios laborais e necesidades de cada usuari@, a través do sistema de cita previa, evitando as colas de espera e asegurando o servicio ao momento”. A edil de Desenvolvemento Local contou que “a procedencia dos usuarios na meirande parte foi de Ribadeo. A campaña discurriu con total normalidade, sen incidencia algunha”.