Nese Bando o alcalde, Fernando Suárez, sinala que “dende uns anos atrás preocupa seriamente a falta de civismo que se ven observando na celebración deste romaría, o que de ningún xeito queremos que acabe coa orixe, propósito e significado desta festa, podendo incluso chegar o momento de que xa non teña razón de ser”. E subliña que neste 2018 queda prohibido “realizar cerramentos de recintos na área recreativa con plásticos ou calquera outro material non acorde co entorno; así como dispoñer mobles ou calquera outro material que non vaia co entorno”.

No Bando advírtese que “incumprir o anterior considerarase como disposición de residuos nun lugar non autorizado, coa consecuente posibilidade de incoación de expediente sancionador para os responsables”.

Permítese “reservar espazos dun xeito tradicional e respectuoso co entorno, como pode ser corda ou cinta plástica, así como dispoñer de toldos ou parasoles para protexerse do sol ou da chuvia que nunca supoñan o illamento dun espazo, así como subir aqueles obxectos directamente relacionados coa festa, coa consecuente obriga de recoller todo ao abandonar o lugar”.