Freire Rancaño dixo na quenda de intervencións: “quixera darvos a benvida no nome do Concello a todos e a todas, aínda que é unha pena que non haxa máis mulleres participantes, pero seguro que Álvaro saberá seguir enganchando a esa parte da poboación. Como dicía, dende o Concello vos damos a benvida e agardamos que estes catro días que ides pasar aquí sexan moi proveitosos, que seguro que van a ser así”.

A rexedora manifestou: “queremos dar a noraboa a Apaga, á asociación en xeral e a Álvaro Doural en particular, polo seu traballo e pola súa implicación coa formación para organizar este xa  XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, e por elixir de novo Ribadeo para facelo. E para vos, para os alumnos e para as alumnas deste Fórum, vos esperan estes catro días 32 horas de formación, cun programa moi completo, cheo de obradoiros, cheo de conferencias e de moitas actividades mais, pero dende o Concello agardamos que teñades un oco para visitar e para coñecer os diferentes recunchos de Ribadeo, nos que seredes moi ben recibidos”.

No acto de inauguración interviñeron tamén Álvaro Doural, presidente de Apaga (Asociación de Profesores Técnicos e de Enseñanza Secundaria de Automoción de Galicia), María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, e Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo.