O edil anunciou que “ven de saír na plataforma de contratos do Estado, un contrato de servizos que estamos a sacar que é o referido á xestión do punto limpo, a recollida de envases lixeiros, a recollida porta a porta do cartón e do cartón dos contedores azuis”.

Jorge Díaz Freije explicou que “ten un valor estimado de 331.939 euros e unha duración de catro anos, con posibilidade dunha prórroga dun ano. Calquera empresa que estea interesa ten un prazo de 35 días, ata o 3 de outubro, mediante a licitación electrónica para presentar toda a documentación na plataforma de contratos do Estado”.

O concelleiro ribadense declarou que “despois de moitos meses de traballo sobre este contrato ao final sae agora. Esperemos que vaia todo ben e, nestes prazos, a finais de ano contamos que estea todo outra vez funcionando con normalidade e cunha lóxica de xestión positiva para Ribadeo. Quero animar ás empresas a que se presenten e aporten a documentación de xeito electrónico”.