Xa están permitidas as queimas en Galicia. As que se realicen en solo rústico deben comunicarllo á Xunta e as que se fagan en solo urbano, núcleo rural e urbanizable a comunicación deben dirixirse ao Concello.
Xa están permitidas as queimas en Galicia. As que se realicen en solo rústico teñen que comunicarllo á Xunta e as que se fagan en solo urbano, núcleo rural e urbanizable a comunicación deben facela diante do Concello de Ribadeo.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, explicou que “tras o remate da tempada de verán e das vagas de calor a Xunta ven de permitir as queimas. Así quen desexe queimar en solo rústico ten que comunicarllo á Xunta a través do teléfono 012 ou pode facelo tamén en queimasweb.xunta.gal. E en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable a comunicación debe facerse ao Concello de Ribadeo a través dun formulario normalizado, pode facerse no propio Concello ou a través da sede electrónica onde tamén está habilitado o formulario”.
O edil subliña que “sempre debe facerse cumprindo unha serie de condicionantes establecidos na ordenanza para a prevención de incendios forestais e a salvagarda das condicións de limpeza, ornato, salubridade e seguridade dos terreos pola que se regulan as plantacións arbóreas, as obrigas de xestión de biomasa e os usos do lume no Concello de Ribadeo”.
Dos Santos apela “á colaboración e á responsabilidade da veciñanza de Ribadeo para facer esas queimas”.