Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo.

Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo. Os encargados de darlle a benvida foron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

O combinado nacional enfrontarase a Croacia, Polonia e Hungría no Torneo que as catro seleccións disputarán en Ribadeo do 18 ao 20 de xullo.

O edil de Deportes declarou: “estamos moi contentos de recibir en Ribadeo un verán máis á selección española se baloncesto feminino U18. A concentración deu comezo onte e prolongarase ata o 29 de xullo. Na nosa vila contamos cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel que nos permiten acoller esta tipo de eventos deportivos: concentracións e torneos internacionais, como os que a selección española vai disputar coas de Croacia, Polonia e Hungría”.

Silvent engadiu: “Ribadeo é unha vila que vive de xeito especial o baloncesto, grazas ao traballo que realiza o CB Ría de Ribadeo, club co que desde o Concello estamos a colaborar.

Agardamos que as rapazas e os rapaces que aman este deporte gocen coa presenza destas xogadoras, vibren e as apoien no torneo internacional que terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo”.