Ata o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIV San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, pola concelleira de Seguridade, Montse Seijo, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.

O edil ribadense contou que “hoxe ábrense as inscricións para participar na trixésimo cuarta San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos está prevista para as cinco menos dez. E a San Silvestre, cun percorrido de 5.000 metros, dará comezo ás cinco da tarde”.
O concelleiro de Deportes indicou que “haberá premios en metálico e trofeos para os 3 primeiros clasificados absolutos feminino e masculino e para os 3 primeiros ribadenses homes e mulleres. Os tres primeiros clasificados nas outras categorías recibirán medallas e trofeos a gañadora e o gañador das mini San Silvestre e da Milla. E tamén haberá trofeo para os participantes de maior idade que rematen a súa carreira, masculino e feminino”.
Silvent animou a participar nesta tradicional cita: “desde a Concellería de Deportes animamos a pequenos e adultos a participar nesta nova edición da San Silvestre e agradecemos a colaboración de Gadis e Eroski, que estarán apoiando ás corredoras e corredores”.