O alcalde, Fernando Suárez Barcia, ven de anunciar que “por fin hoxe despois duns tres meses desde que retiraramos por seguridade dado o seu mal estado, o Juanín, esta embarcación de vela latina típica da ría de Ribadeo e que tamén ten o seu pasado xa que foi o bote no que o que fora presidente do Goberno do Estado Leopoldo Calvo Sotelo navegou moitas veces con ela pola ría”. Suárez Barcia lembrou que “esta embarcación que puxemos aquí cando hai mais ou menos cinco anos fixemos deste nó de comunicacións central aquí no medio da vila Nunha magnífica rotonda e quixemos daquela que a coroara o Juanín”. O rexedor manifestou que “o certo é que a embarcación xa tiña moitos anos e estaba moi deteriorada e case inservible. De aí que estudamos a posibilidade de que unha empresa especializada de aquí de Ribadeo, Eonaútica, lle fixera un tratamento integral e a verdade é que o resultado salta á vista e está moi ben”.

Suárez Barcia engadiu que “no día de hoxe os operarios municipais están instalándoa para que poida lucir moitos anos mais. Confiemos en que non sexa punto de actos vandálicos nin moito menos, confío en que a xente sexa civilizada”. O alcalde salientou que “é un referente esta embarcación do que é a vinculación mariñeira de Ribadeo co mar e coa súa ría, dunha estética singular con estas embarcacións de vela latina que son propias de aquí, e ao mesmo tempo unha lembranza sincera a quen foi presidente do Goberno do Estado, Calvo Sotelo”.