O rexedor explicou que “na pasada noite celebramos un pleno onde aprobamos varios puntos. Un deles era unha modificación orzamentaria que incluía a Pancha, a nosa moda local. Imos seguir facendo promoción do comercio e imos investir 80.000 euros. Creo que é unha inxección e un respaldo moi importante. Dende logo, nós imos seguir apostando polo noso comercio local”. 

Dani Vega indicou: “a Pancha é esa moeda local e creo que debemos promocionala. Este goberno no que está traballar é en investir e xestionar. Dentro deses 80.000 euros, en primeiro lugar aprobámolos nós con fondos propios e agora o que faremos é xestionar unha subvención tamén dende a Xunta de Galicia para que nos apoie e así non ter que poñer todo con fondos propios. Inversión, xestión, … é o que estamos a facer”.

O alcalde contou que “tamén neste pleno aprobamos unha cantidade importante e orzamentaria para pagar facturas. É verdade que todas son do anterior goberno, pero nós agora somos o goberno e a responsabilidade orzamentaria tamén nos di que debemos pagar esas facturas porque é a nosa obriga”.

Vega cre que “estamos traballando nunha boa liña, creo que estamos escoitando como onte fixemos no pleno á oposición, recollendo as súas propostas, e entre todos xestionar e traballar en beneficio de Ribadeo”.   

Os festivos de 2024 en Ribadeo serán o martes de Entroido e o día de San Roque.