A inscrición pode realizarse ata esa data na Casa da Xuventude, ou ben entregarla ao monitor correspondente en cada parroquia a partires do 15 de outubro, que é cando da comezo a ximnasia de mantemento. Desde a Concellaría de Deportes lembran que “será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física da ximnasia de mantemento”. A cota mensual será de 15 euros.

A ximnasia de mantemento impartiráse do 15 de outubro ao 16 de maio. En Vilaframil será os luns e os mércores de catro a cinco da tarde. Na Devesa será os martes a cinco a seis e os xoves de 16:40 a 17:40 horas. En Vilaousende haberá ximnasia de mantemento os luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. En Rinlo será os martes de 18:15 a 19:15 e os xoves de 17:45 a 18:45 horas. En Vilela será os luns de 18:30 a 19:30 horas e os mércores de seis a sete da tarde. En Ove haberá clases os martes e os venres de 18:30 a 19:30 horas. En Vilaselán serán os luns de oito a nove da noite e os xoves de sete a oito da tarde. En Couxela serán luns e mércores de oito a nove da noite. En Noceda martes e xoves de oito a nove da noite. Haberá tamén ximnasia de mantemento os luns e mércores en Cedofeita de 21:10 a 22:10 horas e en Remourelle luns e mércores de 21:30 a 22:30 horas.