O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “este sábado, 30 de setembro, ás oito e media, imos comezar a tempada de outono cunha actuación no auditorio Hernán Naval. Despois das obras de reparación poñemos xa en marcha a actividade no auditorio”.

Farruco Graña subliñou que “o facemos ao grande co grupo de música de cámara Camerata Nuestro Tiempo, que vai deleitarnos con As oito estacións. Vivaldi e Piazzola. Con esta representación musical pretendemos poñer de novo en marcha a colaboración coa Axencia Galega das Artes Escénicas (AGADIC) para recuperar de novo tanto o teatro como a música a través deste consorcio”.

Graña engadiu que “haberá entrada única de 4 euros e poderemos gozar da boa música de cámara”.