O alcalde de Ribadeo ven de enviar cartas “aos veciños que están desde hai tempo anotados no rexistro autonómico de demandantes de vivenda protexida, xa que aquí en Ribadeo está encarando a súa fase final a construcción destas 30 vivendas no noso concello. Agora o goberno autonómico decidiu cambiar o sistema dese rexistro e obriga a que todas as persoas que estean interesadas  volvan xestionalo”.

Suárez Barcia explicou que “como eu non quero que ninguén quede por aí esquecido e ao final non poida optar a estas vivendas mandei unha carta a cada demandante de vivenda para que proceda a volver a presentar no rexistro autonómico a súa solicitude de demanda de vivenda protexida. Esto tamén se fai extensivo para todos aqueles que non o fixeran antes e que poidan estar interesados. Todos están a tempo ata finais do vindeiro mes de maio porque son catro meses os que marca de prazo o novo decreto para adecuar a súa incrisción ás condicións e requerimentos previstos no novo decreto aprobado o 8 de xaneiro deste 2010”.