Dentro do proxecto Entre Arcos e Cantís incorpóranse accións de intervención educativa, que pretenden implicar a todos os centros do territorio “tendo coma obxectivos a mellora do coñecemento do patrimonio xeolóxico, natural e cultural do noso litoral  no eido da escola. Entendemos que a  incorporación destes coñecementos fomentará a conservación do patrimonio pola cidadanía desde a idade escolar. Asemade dentro do proxecto está planificado a creación de unidades didácticas especialmente deseñadas para o coñecemento do litoral e a súa biodiversidade  e que sirvan de ferramentas aos centros escolares”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo.

O 7 de novembro desenvolveuse un Obradoiro de Xeoloxía dirixido aos rapazas de 1º e 2 º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo, “con esta actividade o alumnado tivo a oportunidade de achegarse á xeoloxía de Galicia e aos procesos que tiveron lugar durante a súa historia xeolóxica”.

O 8 de novembro realizáronse saídas de bioloxía e xeoloxía ás Catedrais e Cegoñas dirixidas ao alumando de 4º da ESO  e 1º de Bacharelato do IES Dionisio Gamallo Fierros.

Desde Desenvolvemento Local explican que “nestas visitas o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as características xeomorfolóxicas do litoral de Ribadeo, a súa evolución e elementos  que o constitúen  así como outros coñecementos do hábitat e riscos medio ambientais”.

O 9 de novembro ofreceuse unha saída que “tiña coma fin profundizar no coñecemento do patrimonio arqueolóxico do litoral de Ribadeo, dentro desta actividade cursáronse visitas aos castros costeiros de As Grobas e Fornelos, e os nenxs puideron coñecer máis de cerca a forma de vida dos nosos devanceiros”.

E o vindeiro venres, 17 de novembro, durante a mañá, levaranse a cabo as ultimas saídas escolares. Será a quenda do Colexio Sagrado Corazón e do CEIP Gregorio Sanz, que realizarán visitas xeolóxicas As Catedrais
Desde o Concello engaden que “son un total de 10 actividades dirixidas aos centros escolares que teñen como fin dar a coñecer o noso patrimonio presente no litoral de Ribadeo”.