A responsable do CIM, Luisa González, explicou que “nun día apracible, outonal, 16 mulleres participaron dos Domingos a pé. Unha iniciativa na que pasamos o día de ruta, coñecendo o patrimonio natural e monumental da comarca. Onte achegámonos ata as fragas de Vilapena, que merece a pena visitar. Acivros, carballos, unha pequena fonte ilustran unha paisaxe espectacular. O ambiente foi distentido, grato e de sonoridade entre as mulleres”.

González engadiu que “un pouco de osixenación, descanso e disfrute do aire libre é o que nos ofertan estes Domingos a pé. Un tempo para as mulleres, no cal, desconectan, se osixenan para emprender a semana con forzas e todo isto o fan gozando dos paraísos naturais que temos  na nosa contorna. Así que quedamos con gañas de máis, da chegada da primavera para seguir con estas andainas particulares nas que a colaboración da nosa guía Teresa Echevarría é  imprescindible”.