<p>Os usuarios e usuarias do centro de día A Concordia realizaron hoxe unha visita ao Concello de Ribadeo. Alí foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, que lles explicaron un poco como están sentadas e sentados os membros da Corporación Municipal ribadense, entre outras cousas. </p>