O horario é polas mañás de 12 a 14 horas e polas tardes de 17 a 21:30 horas, agás os días 24 e 31 de decembro, que pechará ás 20:00 horas, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, que só abrirá pola tarde de 18:00 a 21:30 horas. 

O Mercadiño de Nadal estará animado por concertos itinerantes, pola mañá e pola tarde, en diferentes datas a cargo do grupo da Escola Municipal de Música e Danza, como ocorrerá hoxe e mañá e tamén os días 26 e 27 de decembro. Pola contorna da praza de abastos tamén pasarán grupos musicais como  Grupo Moreda, Viajeros del Swig ou Bregadiers.

Ata o Mercadiño de Nadal se achegaron hoxe o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolmento Local, Pablo Vizoso, de Medio Ambiente, Jorge Díaz, de Medio Rural, Jesús Mundiña, de Cultura, Pilar Otero e de Igualdade, Mariluz Álvarez. Realizaron un percorrido polo Mercadiño e visitaron a Casetiña Máxica, pensada para os máis pequenos da casa, na que as nenas e os nenos de Ribadeo poderán depositar no buzón real as súas cartas para Melchor, Gaspar e Baltasar.