As celebracións remataron cunha merenda-cea á que acudiron máis de 300 persoas  e coas actuacións musicais de Corazones Jóvenes e Tumba e Dálle. 

Vega felicitou á dirección do centro no que el estudou hai anos. 

Na cita desta tarde participaron antigos/as alumnos/as e profesores/as ademais de familias e a comunidade educativa actual.