O rexedor sinalou que “son unhas obras moi importantes pola súa magnitude económica, sobre dous millóns de euros, e pola recuperación dun edificio que xa tiña unhs 35 anos. Hai que lembrar que é do 1.975 e había aspectos que non eran demasiado funcionais e a partires de agora quedan unhas instalacións moi axeitadas para os que alí traballan, para os que alí viven e tamén para que os cidadáns cando teñan que facer algunha xestión poidan sentirse nunhas instalacións cómodas e modernas”.

Suárez Barcia engadiu que “estamos satisfeitos de que esto fose indo así. A empresa pública Tragsa, que foi a adxudicataria das obras, fixo un traballo moi bó e creo que nos debemos felicitar todos pola rapidez e pola magnitude dos traballos, pola calidade dos acabados e pola inversión que quedou aquí en Ribadeo, como dicía, duns dous millóns de euros aproximadamente”.