Os nenos e as nenas que participaron nesta cita tiveron a oportunidade de plantar algunhas das árbores que o Concello está poñer nesa zona: carballos, bidueiros, freixos, acivros, cerdeiras, teixos, loureiros, etc… vexetación de ribeira en lugar de eucaliptos.

O concello de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, faloulles aos nenos e ás nenas da importancia que teñen para a nosa saúde e para a do planeta as árbores: “as árbores axudan a diminuír a contaminación, a combater o cambio climático, a osixenar o aire, a refrescar o ambiente, forman novos ecosistemas e melloran o ciclo da auga, ademais protexen o chan da erosión”. Todos gozaron dunha xornada ao aire libre para conmemorar o día dos bosques.