O pasado venres, 1 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º BAC do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo visitaron o arquivo municipal que se atopa no edificio do Concello ribadense para coñecer os traballos de organización, descrición e dixitalización que están a realizar os participantes no obradoiro de emprego DOC-TIC II, promovido polo Concello de Ribadeo e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Os participantes no obradoiro prepararon una pequena mostra de documentación con información histórica de interese sobre o Concello, a creación do instituto e sobre a persoaxe que lle da nome así coma outras cuestión relacionadas coa historia da vila.