Visita a Ribadeo do Comandante Naval da Coruña e Ferrol, Javier García, que foi recibido no Concello
Visita a Ribadeo do Comandante Naval da Coruña e Ferrol, Javier García, que foi recibido no Concello polo alcalde, Dani Vega.
O rexedor explicou que “dentro das visitas que estamos tendo en Ribadeo, recibimos ao Comandante Naval da Coruña e de Ferrol, o capitán de Fragata Javier García, que nos expuxo todo o tipo de propostas e de colaboracións que vamos ter con eles. E desde logo parécenos unha proposta interesante para tamén ter unha relación cos institutos, cos centros educativos e tamén co traballo que realiza en toda esta zona, desde Ribadeo ata A Coruña”.
Vega engadiu: “nosoutros dentro da colaboración que estamos tendo con todas as administracións, creo que é positivo seguir nesta liña”.