O salón de plenos do Concello acolleu a presentación das xornadas de promoción dos viños galegos que se celebrarán no Parador de Ribadeo os días 28, 29 e 30 de xuño. O evento está organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo e a Asociación Galega de Vticultura coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo. No acto desta mañá participaron Cheché Real, Manuel González Vilas, Antonio Veiga e Fernando Suárez.