<p>Veciños e veciñas de Ribadeo, empregados/as municipais, o alcalde, Fernando Suárez, e representantes doutras formacións políticas con representación na Corporación Municipal protagonizaron a concentración silenciosa de cinco minutos que tivo lugar ás doce do mediodía en repulsa pola violencia machista e polo dobre asasinato cometido en San Cibrao (Cervo). O acto tivo lugar nas inmediacións da Casa do Concello. Ademáis as bandeiras do Concello de Ribadeo ondean, por segundo día consecutivo, a media asta polas vítimas deste crime. </p>