A responsable do programa de prevención de drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello de Ribadeo, Mónica Fernández Lamparte, explica que “continuando coa campaña de prevención e información sobre o VIH-Sida Infórmate… perde o medo, que deu comezo en xuño cunha charla informativa e en xullo coa instalación dun stand informativo ás portas do Concello, coa colaboración de Aseduc (Asociación Socio-Educativa para la Educación), o vindeiro luns, 26 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas, teremos no Auditorio Municipal (1º andar) a Mª Jesús López Villar (enfermeira) e a Noelia García Rama (educadora social) para dar información individualizada a calquera persoa que se queira acercar”.

Fernández Lamparte engade que “tamén poderán facerse a proba rápida do VIH en saliva, dentro de total confidencialidade. Sen cita previa. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao programa de prevención de adiccións, (Servizos Sociais), 982 120 808”.