Suárez Barcia di nese vídeo en facebook: “pois aquí estamos nesta situación traxicómica. Satisfeitos porque viñemos apoiar ao Ribadeo FC, o Ribadeo gañou, levamos 3 puntos para a casa. Pero o cómico, por non dicir o triste, é que levamos 50 minutos de demora na estación de Covas, tesos de frío, esperando por un tren que non da chegado, supoñemos que chegará e supoñemos que chegaremos a Ribadeo”.

O alcalde explicou que “hoxe quixemos vir apoiar ao Ribadeo, pero tamén quixemos vir reivindicar que queremos uns medios de comunicación modernos e do século XXI e contrastamos e probamos en carne propia o que significan as demoras, cando non cremos que haxa demasiada xente circulando no tren a esta hora”.

Fernández Suárez subliñou que “esta é unha proba verídica de que é necesario empuxar entre todos para reivindicar un tren moderno do século XXI e non un tren do século XIX, como é o que temos na actualidade. Boa noite e Ala Ribadeo!”.

Enlace do vídeo:  https://www.facebook.com/fernando.suarezbarcia/posts/10211486442020716