Ás 9:15 horas o grupo sairá da Oficina de Turismo de Ribadeo cara Loiba. Alí a partires das 11 da mañá coñecerán a Ruta das Algas

nos cantís e nas praias de Loiba, da man de Loli Rubido da empresa Roteiros Lexendarios. O que se pretende “é que os participantes nesta viaxe coñezan experiencias nas que traballar en rede e de interese para os resultados das súas empresas”. Xa a partires das 14 horas terá lugar unha comida e a volta a Ribadeo está prevista para as cinco da tarde.