David Rivas explicou que “o 14 de setembro ás cinco e media da tarde sairá a sexta edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais, unha proba que vai medrando ano tras ano en participación e que está converténdose nunha cita fixa para moitas persoas afeccionadas ao deporte do atletismo”.

O edil de Deportes dixo: “queremos afianzar a celebración dunha proba moi especial, unha proba que reúne todos os requisitos para converterse nun referente das carreiras populares: por unha banda, un percorrido por pistas de terra e asfalto sen grandes desniveis, e por outro, a espectacular beleza natural do litoral ribadense, que, se ben ten como punto culminante a praia de Augas Santas – As Catedrais, non debemos esquecer outros atractivos dos que gozaremos durante a carreira: Pena Furada, a illa Pancha, Cavanardá, A Areosa, Os Xuncos, Os Castros, Illas ou Esteiro. Levade posto un ollo no pulsómetro e o outro nunha paisaxe que non vos deixará indiferentes”.

As inscricións poden realizarse de xeito presencial na Casa da Xuventude e on line a través championchipnorte.com

Toda a información relativa a esta carreira pode atoparse no facebook de Deportes do Concello de Ribadeo, no facebook da proba e tamén en mediamaratonascatedrais.ribadeo.org