Un total de 140 persoas, divididas en 32 equipos compostos por familias con menores de 12 anos e tamén en grupos de adultos, se deron cita este pasado domingo en Orienta Ribadeo, unha proba de aventura familiar, organizada pola Concellaría de Mocidade. A edil Mariluz Álvarez Lastra cualificou de éxito rotundo a convocatoria e agradeceu a participación a todos os asistentes.

Porcos Bravos foron os vencedores na categoría de maiores e Canelita na de nenas e nenos.