<p>O alcalde, Fernando Suárez, visitou esta fin de semana a Antonio González Miró, un veciño de Ribadeo que acaba de cumprir 100 anos. O rexedor entregoulle unha placa de lembranza desta data especial. Antonio González Miró atopábase rodeado dos seus fillos, netos e bisnetos, entre outros familiares. </p>