Na grabación do vídeo participaron os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, o CIFP Porta da Auga, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, a praza de abastos, o centro de saúde, o CIM e o Concello ribadense.  Xunto aos protagonistas deste vídeoclip estiveron esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán.