<p>O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, envioulle  unha carta ao deputado delegado de Vías e Obras, Manuel Martínez, solicitándolle o arranxos das estradas provinciais ao seu paso por este concello xa que se atopan “nun estado lamentable”. No escrito o rexedor faise eco do “crecente malestar entre os veciños e as veciñas das parroquias afectadas por esta anormal situación”. </p>