O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “foi algo que nos pediu a asociación de veciños desa parroquia. E logo de estudar diversas opcións decidiamos colocalas de aceiro inoxidable. É a mellor solución a nivel de seguridade, pola estética e tamén pola súa duración”. 

O edil ribadense subliñou que “seguimos facendo nosas, do equipo de goberno, as suxestións que a veciñanza nos vai facendo chegar e traballamos para mellorar Ribadeo”.

Ata a zona se desprazaron, a supervisar o remate dese traballo, os concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.